EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL POLAS ELECCIÓNS LOCAIS DE 2023

Con motivo da convocatoria de Eleccións Locais que terán lugar o próximo día 28 de maio de 2023 o Concello de Brión expón ao público, para consulta e presentación de reclamacións, o censo electoral elaborado pola Oficina do Censo Electoral, durante o período de exposición do 10 ao 17 de abril de 2023, ambos inclusive. O servizo de consulta realizarase presencialmente nas oficinas municipais por medios informáticos e será de xeito individual para cada persoa que o solicite, presentando o seu documento de identidade, pasaporte ou permiso de condución. No caso de cidadáns da UE será válido como documento a tarxeta de residencia ou calquera dos documentos sinalados anteriormente que dispoña de fotografía.

O censo electoral inclúe as persoas que cumpren as seguintes condicións:

- Figurar empadroada no Concello de Brión con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2023 (data de actualización do censo).
- Ter 18 anos antes do 29 de maio de 2023.
- Non estar privada do dereito de sufraxio activo.
- Ter nacionalidade española.
- Cidadáns da Unión Europea que manifestasen a súa vontade de votar en España nas Eleccións Municipais, con anterioridade ao 30/01/2023 (unicamente poderán votar nas eleccións municipais).
- Cidadáns estranxeiros, non comunitarios, de países con acordo de reciprocidade sobre participación nas eleccións municipais que solicitaran a súa inscrición no censo electoral entre as datas 01 de decembro de 2022 e 15 de xaneiro de 2023 (unicamente votarán nas eleccións municipais).

Reclamacións
A cidadanía que reunindo os requisitos non figuren no censo electoral ou consten con datos erróneos, poderán presentar a correspondente reclamación, asinada pola propia persoa interesada, para estas eleccións unicamente no período de exposición comprendido entre o 10 e o 17 de abril (ambos inclusive).

A resolución das reclamacións realizarase pola Oficina do Censo Electoral nun prazo de tres días a contar dende a súa recepción e as rectificacións ao censo electoral expoñeranse ao publico o día 21 de abril.

Fundamento legal
Lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño do réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro.

Mais información
Ademais para calquera consulta poden chamar ao teléfono de información do censo no 900 343 232.