LABORES DE XESTIÓN DA BIOMASA NAS LIÑAS ELÉCTRICAS DE UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S.A. NO CONCELLO DE BRIÓN

En cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a empresa UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S.A. do grupo NATURGY comunica que procederá a realizar operacións de xestión da biomasa que afectarán ás fincas sobre as que pasan liñas eléctricas que atravesan o Concello de Brión.

Ao pé desta comunicación achéganse os planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van a realizar os mencionados labores (que afectan ás parroquias de Bastavales) a efectos de que os propietarios dos terreos, se é do seu interese, poidan executalos previamente. Se transcorridos 15 días desde esta publicación o propietario do terreo non efectuou os labores de xestión de biomasa indicados,  UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. procederá á súa realización.

Asemade, a citada empresa lembra que nas liñas de distribución de enerxía eléctrica deberá xestionarse a biomasa nunha franxa de 5 metros dende a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, na devandita franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007.