LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS NAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2024-2025

Xa están dispoñibles para consulta as listaxes de persoas admitidas nas Actividades Deportivas e Culturais do Concello de Brión para o curso 2024-2025.

As inscricións realizadas fóra de prazo incluiranse cando se publique a listaxe definitiva.

A listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas, así como a listaxe de agarda, publicaranse na semana do 23 de setembro.

Data de inicio das actividades: 1 de outubro.

As táboas, horarios e lugares de realización das actividades son de carácter indicativo, podendo sufrir variacións en función da experiencia na actividade ou nivel ou progresión da persoa participante ou do número de persoas inscritas na mesma, segundo o criterio do/a monitor/a ao fronte da actividade.