BRIÓN CULTURAL: TEATRO DO ATLÁNTICO "LIBRE COMA OS PAXAROS"
Teatro do Atlántico presenta "Libre coma os paxaros"
Tódolos públicos.
Data e hora de celebración: sábado 23 de outubro ás 20:00 h.
Lugar: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar aforo. Reserva en: entradasbrion@gmail.com (Enviar mensaxe co nome dos asistentes, NIF e teléfonos de contacto) ata as 14:00 h. do día 21 de outubro.
Sinopse:
Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.
Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.
Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.
Muller.
Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.
Chámase María Rosalía Rita de Castro.
Máis información sobre o espectáculo: https://teatrodoatlantico.com/2020/11/05/libre-coma-os-paxaros/