BRIÓN CULTURAL: "TRES VELLAS (POLO MENOS)" - QUICO CADAVAL, CELSO SANMARTÍN E GUTI
Celso Sanmartín, José Luis Gutiérrez “Guti” e Quico Cadaval presentan "Tres vellas (polo menos)"
Público adulto (dende 13 anos). Comedia. Duración aprox.: 90 min.
Data e hora de celebración: sábado 13 de novembro ás 20:00 h.
Lugar: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar aforo. Reserva en: entradasbrion@gmail.com (Enviar mensaxe co nome dos asistentes, NIF e teléfonos de contacto) ata as 14:00 h. do día 11 de novembro.
Sinopse:
Palabras cruzadas de tres grandes contadores, cun repertorio con contos que foron contados por vellas, a quen llos contaron outras. Unha progresión xeométrica de vellas. Estes grandes contadores de historias que conflúen neste espectáculo son narradores que posúen un universo propio e unha voz singular, cunha maneira especial de contar, que farán que os espectadores, ao rematar, saian soñando co prato fumegante da memoria.
Máis información sobre o espectáculo: https://www.excentricas.net/