BRIÓN CULTURAL: "VIDA DE CANS" DE TALÍA TEATRO
Talía Teatro presenta "Vida de cans"
Público adulto. Comedia. Duración aprox.: 70 min.
Data e hora de celebración: sábado 6 de novembro ás 20:00 h.
Lugar: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar aforo. Reserva en: entradasbrion@gmail.com (Enviar mensaxe co nome dos asistentes, NIF e teléfonos de contacto) ata as 14:00 h. do día 4 de novembro.
Sinopse:
Tres actores. Tres cans. Ou tres actores que fan de can. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa canalidade. E todo vai derivando cara unha traxedia... que nunca deixa de ser comedia. Comedia absurda. Comedia paródica. Comedia metafórica.
Máis información sobre o espectáculo: http://taliateatro.gal/gl/espectaculos/vida-cans