BRIÓN INCLÚE: SESIÓN VERMÚ
Como peche do festival, unha sesión vermú moi especial con Iguatuke, Minguante e Sophie Simonds. Presentada por Andrea Bugallo.
Día: domingo, 12 de novembro
Hora: 12:00 h.
Lugar: Centro Social Polivalente
Acceso libre ata completar a capacidade do local.
Sophie Simonds, multiinstrumentista e directora creativa londinense en Galicia. Coa súa banda ofrécenos intensos directos de rock, blues, funk e soul. Versións e pezas orixinais que destacan pola súa gran voz, a enerxía e o coidado dos seus solos de saxofón!
Minguarte é un dúo de pop de autor formado por Miguel Alonso (Brión) e Óscar Martínez (Negreira) en 2018. Despois de percorrer centos de escenarios, en 2022 publicaron “A incrible historia dos homes minguantes”, o seu primeiro disco longo, que están a presentar ao vivo.
Iguatuke é unha batukada inclusiva promovida pola función Igualarte que enche as nosas rúas de enerxía, ritmos de percusión e diversión cunha mensaxe de igualdade e inclusión.