BRIÓN INCLÚE: UBÚ REI - MUXICAS ONCE OURENSE
Muxicas ONCE Ourense presenta: "Ubú Rei"
Día: sábado, 11 de novembro
Hora: 20:00 h.
Lugar: Centro Social Polivalente
Publico ao que está dirixido: Público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade do local.
SINOPSE:
"Ubú rei" é sen dúbida unha das pezas fundamentais da dramaturxia universal de todos os tempos, creada polo mozo Alfred Jarry a finais do século XIX, e coa que se inicia o camiño do teatro contemporáneo. Ubú , capitán de dragóns do rei Wenceslao de Polonia,déixase tentar pola ambición do trono, motivo polo cal mata ao actual soberano do país e convértese en rei, un feito que desencadea a guerra con Rusia.
O Teatro Muxicas é un espazo de creación artística conformado por actrices e actores cegos ou con discapacidade visual grave. Creado e apoiado pola axencia da ONCE en Ourense. O grupo leva máis de 25 anos sobre as táboas, consolidándose como agrupación teatral e representando máis de catorce espectáculos nos teatros de toda España.