Brión: unha historia que contar | Ons, de vagar pola historia das súas aldeas
Un novo serán arredor da historia e tradición do Concello de Brión. Neste caso dedicado á parroquia de Ons.
Data: Sábado, 22 de abril
Hora de comezo: 16:30 h.
Lugar de celebración: Teleclube de Ons
Programa:
16.30 h. Acollida por parte de Luciano Pena.
16.40 h. Presentación da xornada.
16.50 h. Faladoiro con:
- Clodio González Pérez: “Ecos de lamprea doutros tempos no río Tambre”.
- Xesús M. Xiráldez: “Fotografía e memoria visual de Brión”.
- Membros do Teleclube de Ons e outras persoas da comunidade local: “Murmurios de vida na historia de Ons”.
- José Manuel García, presentador de radio. Encargado de moderar o faladoiro.
18.00 h. ANDAINA COMENTADA pola ruta do Pozo Negro (5 km). (Traer roupa e calzado cómodo).
Actividade de balde con inscrición previa: Por Whatsapp (ver cartel) ou en hola@latexosdeturismo.com