ALDEAS:
Cantelar, Tembra, A Igrexa.
CODIGO POSTAL: 15865
EXTENSIÓN: 3,5 km cadrados
VALE A PENA VER:
Igrexa parroquial de San Miguel de Boullón (S. XVII)
Cruceiro do Angueiro
Cruceiro da Igrexa
Cruceiro de Tembra
Castro de Tembra (nos Altos da Faboira, 200 metros)
A HISTORIA:
Conta a Historia Compostelana que o arcebispo Diego Xelmírez rescatou esta parroquia do poder duns cabaleiros e unha vez que a liberou mandou construír alí (no lugar chamado Paradela, ao pé do camiño de Santiago a Noia) pazos e casas para poder hospedarse el e mailos seus acompañantes.
No século XVII, en tempos do crego poeta Martiño Torrado de Figuera, era anexo da veciña parroquia de Urdilde (Rois).