12-11-2021
     
Centro Social Polivalente

CICLO FEGATEATRO: "A FARSA DO MAITRE PATHELIN" - GRUPO TIRULEQUE

A compañía Tiruleque presenta en Brión a obra "A farsa do Maitre Pathelin"

Sinopse:

O texto inicial está escrito en octosílabos no dialecto Ile-de-France, e trata con grande acerto o coñecido argumento do burlador burlado. Xoán, o tendeiro, trata de enganar a Pathelin, pero é enganado por este. Pathelin, engana ó paneiro e ó Xuíz, pero é vítima da súa propia estrataxema de mans do pastor…
A farsa contén unha sutil e aguda crítica social, na que os pobres trunfan sobre os ricos. Pero non menos sacudida queda a hipócrita moral dos burgueses, sempre acubillada baixo o manto da relixión, con continuas chamadas a Deus, a Virxe e a tódolos santos que se poñan a tiro, pero que non reparan nos medios para enganar, estafar e roubar ó veciño.

Comedia. Tódolos públicos. Duración aprox.: 75 min.

Data e hora de celebración: venres, 12 de novembro ás 20:30 h.

Lugar de celebración: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo.

Reserva de localidades: A través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.
Enviar mensaxe co nome/s do/s asistente/s, NIF e teléfono de contacto.

#aculturaesegura. Espectáculo que respecta as medidas recomendadas para garantir a seguridade do serán teatral.

Fecha Fin
2021-11-12