22-02-2024
     
Concello de Brión

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA EN BRIÓN

Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, o Concello de Brión convida a toda a cidadanía a participar na programación de eventos que homenaxearán a nosa autora máis senlleira, especialmente vinculada ao noso concello a través de Bastavales.

XOVES, 22 DE FEBREIRO

“Unha rosa cada día. Xogando con Rosalía”
Espectáculo de animación a cargo de Carmen Domech. Un contacontos con monicreques que achega a poesía de Rosalía ás crianzas.

Lugar de celebración: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión)
Hora: 18:00 h.

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. Espectáculo para público familiar.

Toda a información no blog da biblioteca municipal.

VENRES, 23 DE FEBREIRO “DÍA DE ROSALÍA”

  • ALBORADA, OFRENDA, LECTURAS: Acto Homenaxe a Rosalía de Castro no Adro da igrexa Parroquial de San Xiao de Bastavales. Ás 12:00 hrs. Coa participación do alumnado do CEIP de Pedrouzos e o IES de Brión.
  • CALDO DE GLORIA: Homenaxe a Rosalía degustando un petisco do tradicional Caldo Galego en diferentes establecementos hostaleiros de Brión colaboradores na campaña.
  • CAFÉ CON VERSO: Toma un café acompañado dun poema de Rosalía en diferentes establecementos hostaleiros de Brión.
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-02-23