DELAS FEST 2021
A terceira edición do Delas Fest, o primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero en Europa, arrancará o vindeiro 28 de xuño en Brión.
Nos vindeiros días abrirase a inscrición na web https://7hcoop.gal/
Programación (en Brión):
Do 28 de xuño ao 4 de xullo, a colaxista e deseñadora gráfica Susana Blasco desenvolverá unha instalación fotográfica, en colaboración coa veciñanza na recollida de material fotográfico e historias de vida de mulleres do municipio.
O 4 de xullo, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h., o IES de Brión acollerá un obradoiro da grafiteira Silvia Rodríguez Pena "Sax", dirixido a maiores de 15 anos sobre técnicas básicas do spray.
O Delas Fest está organizado por 7H Cooperativa Cultural e conta co apoio do Concello de Brión, Ames, Santiago e Teo, así como da Deputación da Coruña.