28-06-2024
     
28, 29 e 30 de xuño de 2024
Concello de Brión

ENCONTRO COA ARTE: LEMBRANDO A LUÍSA VILLALTA

Os días 28, 29 e 30 de xuño, Brión acolle unha nova edición do Encontro coa Arte,  dedicado a Luísa Villalta.

Tres xornadas de convivencia e intercambio artísticos que este ano contarán coa presenza de 26 artistas plásticos que participarán en diferentes actividades de difusión cultural abertas a toda a cidadanía:

OBRADOIROS DE PINTURA DE ACUARELA E MODELADO

Data: Venres, 28 de xuño.
Lugar: Casa da Cultura de Brión
Horario: de 10:00 a 13.30 h.

Os artistas José A. Regidor, Frutos Casado de Lucas, José Galarzo e María Carmen Martínez, participantes no XVII Encontro coa Arte, convídannos a participar nuns Obradoiros de Pintura de Acuarela e de Modelado, onde ensinarán aos asistentes nocións básicas para iniciarse nestas técnicas artísticas.

Destinados a público de tódalas idades.

VI CONCURSO DE PINTURA E DEBUXO INFANTIL E XUVENIL

Data: 28 de xuño
Lugar: Adro da Igrexa de Sta. María de Os Ánxeles
Horario: Dende as 16:30 h.

Consulta aquí as bases de participación.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO XVI ENCONTRO COA ARTE LEMBRANDO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO (2023)

Data: venres, 28 de xuño
Hora: ás 21:00 h.
Lugar: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

No transcurso do acto, entrega de premios do Concurso de Pintura e Debuxo do Encontro.

XORNADAS DE PINTURA DO NATURAL

Asiste en directo ao proceso de creación dunha obra de arte cos artistas participantes no Encontro.

Venres 28, de 16:30 A 20:00 h.
Xornada de Pintura do natural na contorna da Igrexa de Os Ánxeles.

Sábado 29, de 10:00 a 14:00 h. e de de 16:30 A 19:30 h.
Xornada de Pintura do Natural na vila de Muxía.

Domingo 30, de 10:00 a 14:30 h.
Xornada de Pintura do Natural no paseo do Río Pego.

CONCERTO ENTRELAS GRUPO VOCAL

O sábado 29 de xuño, concerto de ENTRELAS GRUPO VOCAL: “Luísa Villalta: vivir a súa poesía a través da música”.
21:30 h. Centro Social Polivalente.

Entrada de balde ata completar capacidade

MERCADO DA ARTE DO ENCONTRO

Tódolos días, na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión), estará aberto un mercado da arte para ver e comprar obra orixinal dos artistas participantes no Encontro.

HORARIOS:

VENRES: 16:30-21:00 h.
SÁBADO: 9:30-14:00 h. / 17:00-21:00 h.
DOMINGO: 9:30-13:30 h.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-06-30
Documentos
Cartel.pdf (1.66 MB)