ENTROIDO 2025 EN BRIÓN
Don Carnal regresa a Brión para convidar a toda a veciñanza a celebrar a festa do Entroido. Unha celebración que volverá a celebrarse na Rúa Tarrío, ao pé do Parque Cuberto de Lamiño. Deste xeito, tanto o gran desfile coma o concurso e baile de disfraces co GRUPO RITMO será no exterior.
Data e hora de celebración: Domingo 2 de marzo, dende as 16:30 h.
Desfile: Concentración no Pavillón Polideportivo Municipal de onde sairá as 16:30h., acompañados da CHARANGA OS CELTAS, para percorrer o Paseo de Pedrouzos e a Rúa Tarrío ata o Parque de Lamiño.
Concurso: con máis de 2.500,00€ en premios. Consulta as BASES.
Inscrición: Dende o día 10 ata o 27 de febreiro. A mesma poderá realizarse persoalmente na Casa da Cultura ou por correo electrónico a cultura@concellodebrion.gal.