FEGATEATRO 2023 - Microteatro
Serán de teatro coa presentación de tres obras de curta duración.
DATA: 28 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente
Coa participación dos grupos:
- Farándula Velutina “Punta, tacón”
Sinopse:
Todo esforzo ten a súa recompensa…aínda que ás veces sexa necesario recurrir a calquera tipo de artimaña para acadar os nosos soños.
Punta, tacón é a historia dunha moza, filla do Rei de Pacífica, que debe renunciar a cantar polo ben de coroa, pero que pronto perseguirá un novo soño aínda que isto supoña ter que enfrontarse a vellos fantasmas do pasado.
Xénero: Comedia. Público familiar/xuvenil. Duración: 20 min.
- Teatro Escoitade “A Capoeira”
Sinopse:
A CAPOEIRA é un relato que podíamos encaixar ou clasificar no eido da traxicomedia e que consta dun só cadro. A acción transcorre nunha taberna de época, na que se encontran dous vellos coñecidos que teñen contas pendentes.
Xénero: Comedia dramática. Público adulto. Duración: 20 min.
- Teatro de Cámara DITEA “Tránsito”
Sinopse:
Tres perfectos descoñecidos coinciden nun lugar que lles resulta alleo. Non saben que fan alí, nin como chegaron, nin a que están agardando; aínda que teñen algo en comun que eles descoñecen e que determinará o seu futuro.
Xénero: Drama. Público adulto. Duración: 20 min.