FESTIVAL DO CINE GALEGO "O TREMO"
O Centro Social Polivalente do Concello de Brión acollerá os vindeiros 4 e 5 de abril a terceira edición do Festival O TREMO. Un certame, organizado polo Concello de Brion e Aldea Producións, que ano a ano pon en valor o presente do audiovisual galego que está a atravesar unha época exitosa e prolífica.
PROGRAMACIÓN E HORARIOS
VENRES 4 DE ABRIL
11:00h. Proxeción do filme: AS NEVES. Pase privado para alumnado do IES BRIÓN. Charla con Sonia Méndez (directora) e Andrea Varela e David Fernández (protagonistas).
21:00h. Proxeción do filme: AS NEVES. Charla con Sonia Méndez (directora) e Andrea Varela e David Fernández (protagonistas). Reserva gratuíta de localidades: AQUI
SÁBADO 5 DE ABRIL
18:00h. Proxección do filme: + CUÑADOS. Charla con Luis Avilés (director) e Federico Pérez (protagonista).. Reserva gratuíta de localidades: AQUI
21:00h. Proxección do filme: + CUÑADOS. Charla con Luis Avilés (director) e Federico Pérez (protagonista).. Reserva gratuíta de localidades: AQUI
Ao igual que en edicións anteriores haberá Música, tapeo e invitados. Mais información en breve.
Filme: AS NEVES
Título orixinal: As Neves
Ano: 2024
Duración: 83 min.
Dirección: Sonia Méndez
Guion: Olga Osorio, Araceli Gonda
Música: Andy Bell
Fotografía: Lucía C. Pan
Reparto: Andrea Varela, David Fernández, Antía Mariño, Xacobe Bruña, Irene Rodríguez, Diego Caro, Santi Carmena, Jennifer Soto, Adriana Fernández, Lucía Veiga, Patricia Vázquez, Luisa Merelas, Iolanda Muíños
Compañías: Aquí e Allí Films, Cósmica Producións. Distribuidora: Sideral Cinema
Xénero: Drama | Drogas. Amizade. Vida rural. Adolescencia. Secuestros / Desaparicións
Sinopse: As Neves é un pobo galego de montaña onde todos se coñécen. A noite de entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e droganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, o pobo queda incomunicado e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.
Filme: + CUÑADOS
Título orixinal: +Cuñados
Ano: 2024
Duración: 95 min.
Dirección: Luis Avilés
Guion: Araceli Gonda
Música: Santi Jul, Iván Laxe
Fotografía: Sergio Franco
Reparto: Xosé A. Touriñan, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez, Mela Casal, Patricia Torres, Ivo Bastos, Manuel Cortés, David Perdomo, Saamira Ganay, Antía Touriñán, Moraima Duarte, Paku Granxa , Bais Yanek
Compañías: Portocabo
Xénero: Comedia | Secuela
Sinopse: Esta nova aventura dos cuñados arrinca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do ocorrido hai uns días... Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para lavar o diñeiro do motín que lles caeu do ceo (literalmente). Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun cuñado máis da familia. A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués detido) en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.
CONTACTO
Teléfono da organización: 649 80 89 03
LOCALIDADES
Entradas limitadas previa reserva en billeteira.concellodebrion.gal