INSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CURSO 2022/2023
Ábrese o prazo para inscrición de nenos/as de 0 a 3 anos na Escola Infantil Municipal de Brión para o curso 2022/2023
DO 15 AO 30 DE ABRIL
✅ REQUISITOS:
– O neno/a para o que se solicita praza deberá ter nacido no momento de presentación da solicitude
– Figurar empadroado no Concello de Brión
– Ter 3 meses de idade no mes de setembro e que non cumpra os 3 anos antes do 31 de decembro de 2022
– Acada-la puntuación suficiente no baremo de admisión
✅ DOCUMENTACIÓN:
– DNI do pais
– Libro de familia
– Declaración da renda do exercicio 2020
– Informe de situación actual da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Informe de vida laboral dos pais (actualizado)
– Xustificante de gastos de aluguer ou hipoteca
– No seu caso, tarxeta de demandante de emprego, certificado de discapacidade, separación/divorcio e convenio regulador, título de familia numerosa,…
✅ SOLICITUDES FORA DE PRAZO, ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE CANDO:
– O nacemento do neno/a sexa con posterioridade ao 30/04/2022
– Cambio de concello de residencia posterior ao 30/04/2022
– Situación de emerxencia social
ℹ️ LUGAR:
• Preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello (Procedemento: Solicitude de praza na escola infantil municipal)
• Centro Social Polivalente, solicitar cita previa no teléfono nº 981 50 99 10