LER CONTA MOITO: PEDRO BRANDARIZ "MÉDICO DE FAMILIA"
Para celebrar o mes das bibliotecas, a BPM de Brión presenta o segundo de cinco espectáculos que van celebrarse ao longo do mes de outubro:
"Médico de familia" con Pedro Brandariz
Sinopse:
Actividade de animación que nos describe os novos modelos familiares, sempre dende unha visión cómica e contando co apoio de libros como “Con Tango son tres” ou “O libro dos porcos”.
Lugar de celebración: Sala municipal de exposicións (Casa da Cultura)
Data e hora: venres, 8 de outubro ás 18:00 h.
Entrada de balde ata completar o aforo. Reserva de localidades na biblioteca municipal, no tfno. 981 50 99 69 (de 17:00 a 22:00 h.) ou no correo electrónico bibliotecadebrion@briondixital.org
Espectáculo patrocinado polo programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.