A licenza de primeira ocupación acredita que as novas edificacións, unifamiliares ou colectivas, cumpren os requisitos: a) o edificio ou, no seu caso, a urbanización da contorna, realizáronse conforme o proxecto técnico e a licenza concedida; b) reúne as condicións esixidas de seguridade, salubridade e ornamento público; c) o construtor repuxo os elementos e equipamentos urbanísticos que resultaron danados.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de primeira ocupación de edificios

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

 

 

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de licenza de primeira ocupación de edificios.
  • Certificación de final de obra. Certificación de final de obra expedida polos servizos técnicos / director de obra, e visado polo colexio profesional correspondente.
  • Boletín de Instalación ICT. Boletín de instalación de Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións. En edificio de máis de 20 vivendas, ou de uso non residencial, achegar certificado de obra expedido por un enxeñeiro ou enxeñeiro técnico, visado polo correspondente colexio profesional. Estes documentos deben estar selados pola Xefatura de Inspección de Telecomunicacións.
  • Certificado acreditativo do illamento acústico da edificación, expedido por entidade homologada (cando sexa de aplicación).
  • Certificado do alta no Rexistro de Eficiencia Enerxética (para os afectados polas determinacións do Código Técnico da Edificación).
  • Xustificante de alta en Catastro.

Nome: Licenza de primeira ocupación de edificios.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) y presencial.