MAGOSTO 2021
O venres 26 de novembro celebrarase o tradicional Magosto na Carballeira de Santa Minia.
O Concello de Brión, organiza o seu tradicional magosto e chocolatada, que terá lugar a partir das 18 horas na Carballeira de Santa Minia.
Toda a veciñanza está convidada a esta celebración onde se poderán degustar castañas, bebida e chocolate con churros totalmente de balde que se repartirán nunha carpa situada na praza onde se colocan os pulpeiros durante as celebracións de Santa Minia, ao lado da biblioteca. Durante a xornada tamén se poderá desfrutar de música coas Escolas Municipais de Música e Baile tradicional de Brión.
Tamén estará instalada a pulpería, que normalmente traballa todos os martes no mercadillo, para todas as persoas que desexen completar o día ceando unhas racións de polbo ou churrasco, iso si, este servizo correrá xa por conta de cada un.