30-05-2024
     
18:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

MAIO CULTURAL | AS CHAVES DO TEMPO DE LUÍSA VILLALTA - CONTACONTOS DE SOLE FELLOZA

Sole Felloza visita Brión no mes das nosas Letras co contacontos "As chaves do tempo de Luísa Villalta"

SINOPSE:

Luísa Villalta foi poeta, dramaturga, ensaísta e tamén fixo incursións na narrativa. Nesta obra, Luísa conta unha historia marabillosa que pode acontecer hoxe e sempre. Poden dúas chaves, creadas por Merlín, salvar o mundo? Poden unha raíña, unha xograresa e unha criada, sobrevivir nun mundo de homes?
Abre a porta do conto e terás a resposta.

Narración oral | Público familiar (recomendado para crianzas maiores de 8 anos) | Duración: 55 min.

Data: xoves 30 de maio
Hora: 18:00 h.
Lugar de celebración: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión)

Espectáculo organizado pola biblioteca municipal co patrocinio do programa Ler conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-05-30