A MAXIA DOS LIBROS | ESPECTÁCULO CON NAMI E O MAGO DA BOINA
Para celebrar o 23 de abril, Día do Libro, a biblioteca municipal convídanos a participar no espectáculo de ilusionismo "A maxia dos libros" con Nami e o Mago da Boina.
Data: 24 de abril, xoves
Hora: 18:00 h.
Lugar de celebración: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
Para público familiar a partir dos 7 anos | Maxia - Ilusionismo
Entrada de balde ata completar capacidade do local. Reserva e máis información en bibliotecadebrion.blogspot.com
Sinopse:
Unha representación única onde Nami e O Mago da Boina dan vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. Esta experiencia cómica está deseñada tanto para adultos como para nenos, fusionando a maxia cos beneficios da lectura. Unha viaxe fascinante que encantará a toda a familia.
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-04-24