02-06-2023
     

NORMATIVA SOBRE AS CACHARELAS E SARDIÑADAS DA NOITE DO SAN XOÁN

As persoas que desexen realizar unha cacharela nesta data deberán comunicalo ao Concello de Brión antes do día 22 de xuño do 2023, ás 14.00 horas.

EN TERREOS PRIVADOS
Deberán chamar ao teléfono 981 88 70 06 onde terán que indicar os seguintes datos:
- LOCALIZACIÓN EXACTA onde se pretende levar a cabo a cacharela, domicilio ou referencia catastral si se vai realizar nunha parcela.
- NOME E APELIDOS E DNI da persoa que o solicita.
- Nº DE TELÉFONO de contacto

EN TERREOS PÚBLICOS
Terán que solicitalo de maneira escrita no rexistro municipal ou a través da sede electrónica e axuntaran un mapa co lugar exacto da celebración.
· Deberán ser expresamente autorizadas polo departamento municipal de urbanismo. O listado de cacharelas autorizadas será publicado na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios.
· De entre todas as solicitudes para cacharelas e sardiñadas en espazos públicos, terán prioridade as das Asociacións Veciñais, de Festas ou Culturais.
· Será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cacharela e/ou sardiñada.

NORMATIVA COMÚN
· As persoas organizadoras deberán coidar os arredores e coñecer os números de teléfono: POLICÍA LOCAL: 981 89 34 74, GES: 629 87 15 42, EMERXENCIAS: 112
· O volume de combustible da cacharela non excederá dos 3m. de diámetro, 9m. de perímetro e 3m. de altura.
· A cacharelas deberán separarse como mínimo 15m. dos edificios e 50m. das masas arbóreas ou zonas vexetais susceptibles de ser queimadas. Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables nin vehículos.
· Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, e en xeral calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. Tampouco se poderán botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (aerosois), aínda que estean baleiros.
· A fogueira permanecerá vixiada polas persoas responsables ata a súa total extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos con auga, e asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante vento que supoña un risco de causar un incendio ou danos aos inmobles próximos, esta deberá suspenderse inmediatamente.
· A hora límite para rematar a celebración é as 03:30h. da madrugada, de acordo co disposto no Art. 5.F. da Lei 10/2017 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
· É obrigatorio cumprir o establecido na Lei 11/2010 de 17 de decembro, de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
O cumprimento das normas respecto ás cacharelas, tanto en lugares públicos como privados, será comprobado pola Policía Local e/ou as forzas de seguridade.
 

O Concello de Brión agradece a colaboración da veciñanza para o bo desenvolvemento da festa da noite de San Xoán.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-06-22
Documentos