ACTUALIZACIÓN!! INFORMACIÓN RELEVANTE SOBRE O TREITO DO 38º RALI BERBERECHO DE NOIA QUE SE CELEBRA EN BRIÓN

Rali Berberecho
A competición terá lugar o día 20 de abril en horario comprendido entre as 8:00 a 14:30h.

A edición deste ano do Rali Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas no noso concello. Será en horario de mañan e haberá un reagrupamento, a partires das 9:45h na Rúa Tarrio, polo que pasarán todos os participantes.

DENOMINACIÓN DO TREITO: B1 - B2 / VRUMA KAYAKS
SAÍDA: Rañalonga (DP-1301)
META: Mourentáns (DP-1302)
LONXITUDE: 12,9 KM
PERCORRIDO: Treito B1-B2

RECOÑECEMENTOS LIBRES DO TREITO
O participantes na proba poderán facer recoñecementos do treito os días 13, 14, 17 e 18 de abril en horario de 10 a 19h.
O treito permanecerá aberto ao tráfico e a veciñanza poderá circular durante estes días libremente.
Os coches dos participantes irán identificados con pegatinas na súa parte dianteira e traseira e terán que circular respectando en todo momento a normativa en canto seguridade vial. Estarán xeolocalizados con GPS pola organización do rali e terán que respectar as velocidades establecidas regulamentariamente sen poder superar, en ningún caso, os 80km/h.

DÍA DA PROBA
A competición terá lugar o sábado 20 de abril en horario comprendido entre as 8:00 e as 14:30h.
Neste horario os participantes farán dúas pasadas polo treito que estará totalmente pechado á circulación e controlado polas forzas de seguridade da Dirección Xeral de Tráfico.
A veciñanza residente nos lugares polos que discorre a proba e que teñan intención ou necesidade de desprazarse deberán deixar os seus vehículos fora do treito indicado antes das 8h. do día 20, a partir desa hora e cando as patrullas de tráfico pechen totalmente o circuíto, ninguén poderá moverse polo mesmo.
Si se producira algunha causa de forza maior será a propia organización a que determine como actuar en cada caso concreto e, se fora necesario, serán eles mesmos os que despracen á persoa ou persoas afectadas.

PROHIBICIONS DE PASO E ESTACIONAMENTO PARA O DÍA 20 DE ABRIL
- A totalidade do trazado polo que discorre o treito estará cortado totalmente á circulación entre as 8:00 e as 14:30h. Ver plano
- Estará prohibido ter vehiculos estacionados entre os números 76 ao 116 da AVENIDA SANTA MINIA dende ás 00:00 e as 15:00h.
- O acceso á Rúa Tarrio estará soamente habilitada para a entrada e saída de vehículos da veciñanza que teña acceso ao garaxe do edificio Nº 11. O resto da rúa permanecerá cortada totalmente ao tráfico entre as 8:00 e as 14:30h.

Mais información e dúbidas
Escudería Berberecho
Ramal de Balbargos, 5
15200 Obre – A Coruña
Teléfono: 658661795
email: ralinoia@gmail.com