O alcalde Pablo Lago recibirá ao deputado provincial pola maña nas dependencias municipais onde conversarán sobre as necesidades das instalacións deportivas municipais e sobre as posibles axudas que ofrece a Deputación de A Coruña en materia deportiva.
Xa pola tarde, arredor das 17:30h. visitará o Pavillón Municipal de Brión onde poderá ver en directo o funcionamento da escola deportiva municipal de Fútbol Sala e posteriormente asistir ao adestramento do Club Baloncesto Brión.
Tamén no mesmo pavillón, terá lugar unha conversa coas distintas directivas dos clubs deportivos municipais que desexen asistir a esta xuntanza para asesoralos nas axudas que poden recibir do órgano provincial.
Para finalizar a visita, o alcalde exercerá de guía durante unha visita por parte das instalacións municipais, onde o deputado poderá coñecer as necesidades das mesmas de primeira man.