Informe de seguimento do PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía)

Imaxe PACES
Estase a elaborar este Informe, unha 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 na que os 𝗴𝗼𝗯𝗲𝗿𝗻𝗼𝘀 comprometéronse de forma 𝘃𝗼𝗹𝘂𝗻𝘁𝗮𝗿𝗶𝗮 a implantar no seu territorio os 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗿𝗼𝗺𝗶𝘀𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗺𝗮𝘁𝗲𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗰𝗹𝗶𝗺𝗮 𝗲 𝗲𝗻𝗲𝗿𝘅𝗶́𝗮 da UE.

O Concello de Brión adheriuse en marzo de 2019 ao Pacto das Alcaldías e elaborou o seu primeiro informe PACES en novembro de 2020. Entre os compromisos que se adquiriron está reducir en, polo menos, un 40% as emisións de CO2 no Concello de cara ao ano 2030, partindo do ano de referencia o 2017, ademais de aumentar a capacidade de resiliencia do Concello mediante a adaptación ao cambio climático.

Tras dous anos, e tal como establece o Pacto das Alcaldías, debe avaliarse o estado das medidas que se propuxeron. Ademais de comprobar se o concello de Brión está en boa dirección para alcanzar o compromiso na redución das emisións de cara ao 2030.

Nos últimos meses, a empresa contratada para a elaboración do informe de seguimento volveu a facer un novo 𝙄𝙣𝙫𝙚𝙣𝙩𝙖𝙧𝙞𝙤 𝙙𝙚 𝙀𝙢𝙞𝙨𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙙𝙚 𝙍𝙚𝙛𝙚𝙧𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 (IER) do ano 2021 facendo unha análise comparada co IER do ano 2017.

O próximo 𝗠𝗘𝗥𝗖𝗢𝗥𝗘𝗦 𝟬𝟭 𝗔𝗦 𝟭𝟮:𝟬𝟬𝗵. presentaranse os resultados da evolución nunha sesión de traballo co equipo de goberno, na que se comprobará o estado das accións que se estableceron no 2020. Ademais desta análise da información, comprobarase se se reduciron as emisión de CO2.

#brionsenirmaislonxe