Maio Cultural - Letras Galegas 2021

Maio Cultural Letras Galegas 2021
Brión dedicará o Maio Cultural-Letras Galegas deste ano a homenaxear a Xela Arias

Este ano o Día das Letras Galegas homenaxeará á escritora, poeta, tradutora, editora e docente Xela Arias. Unha creadora inconformista e independente, comprometida co noso idioma e a nosa cultura. Co gallo desta celebración, Brión dedicará o seu Maio Cultural-Letras Galegas 2021 a esta autora. Dende o 14 ao 31 de maio, están previstas unha serie de actividades, algunhas en colaboración cos centros de ensino do municipio, para celebrar o mes no que florecen as Nosas Letras.

ACTIVIDADES:

- Do 14 ao 31 de maio: Exposición da obra poética de Xela Arias na Praza do Concello. Con información presencial e acceso a contidos multimedia. A través de códigos Qr impresos nas pezas que compoñen a mostra o público poderá acceder á información complementaria multimedia sobre a biografía e obra poética da autora. Asemade, e a través das redes sociais do Concello e da biblioteca municipal, publicaranse varios vídeo-poemas.

- O 16 de maio terá lugar na Sala Municipal de Exposicións o acto de entrega do III Premio Laudamuco para Textos Teatrais que recibirá o escritor Francisco A. Vidal Blanco.

- Do 18 ao 21 de maio: Letras na Carballeira “Xela Arias 2021”. Unha actividade consistente en xogos de pistas dirixidos ao alumnado do CEIP de Pedrouzos e que se celebrará en diferentes lugares da Carballeira de Santa Minia.

- 18 de maio: A Xanela do Maxín con Celtia Figueiras presentará na Escola de Bastavales o espectáculo “Os libros da Titiriteira”

- O 21 de maio: Soraya Lema presentará na Escola de Os Ánxeles o espectáculo “O Exército das Paxariñas” 

Un maio cultural que axiña comeza para celebrar, de xeito seguro, a vida e a obra de Xela Arias.