O Concello de Brión entrega os diplomas dos cursos de Manipulador de Alimentos, Acompañante de Transporte Escolar e Monitor/a de Comedor Escolar

Entrega Diplomas
Nesta entrega de diplomas Pablo Lago, alcalde de Brión, estivo acompañado polas concelleiras Guarina Rey e Rosa Romero

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, vén de entregar os diplomas dos cursos de formación organizados polo Concello brionés durante este verán. Tres cursos impartidos na modalidade de teleformación e que están moi vencellados á atención dos escolares: manipulador de alimentos (10 horas), acompañante de transporte escolar (25 horas) e monitor/a de comedor escolar (35 horas).

Ao acto de entrega de diplomas asistiron catro das sete alumnas inscritas, que estiveron acompañadas polas concelleiras de Ensino, Guarina Rey, e Servizos Sociais, Rosa Romero, así como pola axente de Emprego e Desenvolvemento Local, Lola Landeira.