Destinarase a manter as vias de titularidade municipal en condicións óptimas de limpeza e ao mesmo tempo fará que o traballo do persoal das brigadas sexa mais eficiente dotandoos duns medios mecánicos novos que permitiran realizar as labores de forma mais eficaz e tamén servirán para garantir a conservación do medio ambiente e o reequilibrio territorial.
O tractor, adquirido con fondos própios, é un John Deer modelo 6130M e a rozadoira de brazo, que se finaciou con cargo a subvención do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2021 da Xunta de Galicia, é da marca Bomford modelo Falcon 5.5. Ámbalas dúas pezas foron subministradas por Maquinaria Agrícola del Noroeste, S.L, trala realización de sendos concurso públicos onde esta empresa foi a adxudicataria dos dous.
Nunha clara aposta do Concello de Brión polo rural a adquisición desta maquinaria fará que se poida prestar un servizo de mais calidade para a veciñanza e que ademais permita cumprir coa normativa vixente en materia de protección de incendios así como doutro tipo de actuacións como os asolagamentos provocados pola vexetación que se atopa preto dos camiños e pistas e que non se poden eliminar coas actuais ferramentas que tiña o concello.