O Roteiro Maker é unha iniciativa que trata de achegar a ciencia e a tecnoloxía a zonas rurais e rururbanas de Galicia, ofrecendo diferentes obradoiros gratuítos para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido.
Ademais da súa presenza na Maker Faire Galicia os días 5 e 6 en formato dixital, os días 12, 13, 15, 19 e 20 de xuño fará diversas paradas en diferentes paradas nos concellos de Ames, Brión, Rois, Dumbría e Muros entre outros. O Roteiro Maker conta con diferentes estacións nas que se desenvolven unha gran variedade de obradoiros de deseño e impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica, realidade aumentada e moitísimo máis. Nesta edición faranse obradoiros relacionados co camiño de Santiago, a súa contorna, patrimonio e cultura.
Se queres saber máis sobre as datas e sobre este proxecto non o dubides e visita a páxina web www.roteiromaker.com para coñecer todos os contidos que desenvolven durante as estancias nos distintos concellos.