18-10-2024
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente de Brión

OUTONO CULTURAL 2024 - TEATRO PROFESIONAL | AS FORMAS DO AMOR - VERDEVERAS

Verdeveras Expresións Artísticas presenta: "As formas do amor"

Xénero: teatro | Idade recomendada: adultos | Duración: 65 min.

Sinopse:

Ela e el foron parella.
Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo póñeno do revés, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno a armar.
Despois de tanto tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.
Unha historia para saír do teatro con bo sabor no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos amor.
Porque existen outros amores, necesitamos outras historias.

Dirección: Gena Baamonde | Texto original: María Angeles Iglesias | Na escena: Sergio Zearreta y María Angeles Iglesias | Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas | Deseño sonoro e música orixinal: Tato López | Coproduce: Centro Dramático Galego (CDG) | Produción xeral: Verdeveras Expresións Artísticas

DATA: venres, 18 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. Precísase reservar butaca na Billeteira municipal

Co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-10-18