25-10-2024
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente de Brión

OUTONO CULTURAL 2024 - TEATRO PROFESIONAL | O AUTO DO CASTROMIL - EXCÉNTRICAS

Producións Excéntricas presenta: "O auto do Castromil"

Xénero: teatro | Idade recomendada: adultos | Duración: 70 min.

Sinopse:

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espírito de antroido.

Dirección: Quico Cadaval | Texto orixinal: Manuel María | Na escena: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Patricia Vázquez | Iluminación: Octavio Mas | Escenografía e indumentaria: Carlos Alonso | Espazo sonoro: Piti Sanz | Produción: Rubén G. Pedrero.

DATA: venres, 25 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. Precísase reservar butaca na Billeteira municipal

Co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-10-25