OUTONO CULTURAL 2024 - TEATRO PROFESIONAL | TESTOSTERONA - MALASOMBRA PRODUCIÓNS
Malasombra Producións presenta en Brión "Testosterona"
Xénero: Comedia | Público adulto
Sinopse:
O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..
Poderiamos dicir que TESTOSTERONA é unha comedia, mais aínda sendo posiblemente certo ese etiquetado de pouco nos ía servir, pois non faría referencia máis que ao envoltorio e a razón da elección deste texto non está na forma, sen desdeñala, senón nos contidos que conforman a peza.
TESTOSTERONA fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Berman, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.
Autora: Sabina Berman. Versión e dirección: Xoque Carbajal. Elenco: Camila Bossa e Luis Iglesia. Vestiario e escenografía: Diego Valeiras. Iluminación: Xoque Carbajal
DATA: venres, 8 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar a capacidade do local. Precísase reservar butaca na Billeteira municipal
Co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña