PRESENTACIÓN DA X ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA
A décima edición da Andaina Terras de Altamira vai ser presentada nunha gala que se celebrará o vindeiro sábado día 22 de marzo as 20h. no Centro Social Polivalente do Concello de Brión. Este evento estará conducido por Diego Viaño, recoñecido meteorólogo da TVG, e na que tamén estarán presentes Pablo Lago, Alcalde de Brión; Javier Rico, delegado do reitor da USC para o Deporte e para a Igualdade; membros da Asociación O Esquío No Piñeiro e diversas autoridades da Federación Galega de Montañismo.
Nesta gala explicaranse os pormenores da proba, falarase das novidades do percorrido para este ano 2025 e tamén contaremos co monologo "Xa que o sabes, voucho contar (e cantar) de FEDERICO PÉREZ, recoñecido actor e humorista galego con papeis en series como Padre Casares, Air Galicia, La Casa de Papel... e galardoado nos premios Mestre Mateo do ano 2023 como mellor actor de reparto pola película O Corpo Aberto.
Para asistir a esta presentación será necesario retirar invitacións na web billeteria.concellodebrion.gal