PROPOSTA: VIAXE DOS MAIORES A PARÍS XANEIRO-FEBREIRO 2025
Benqueridos viaxeiros de Brión:
Hai tempo que estamos a recibir suxerencias para que organicemos unha nova saída ao estranxeiro, concretamente, a París.
Como sabedes, a organización destas viaxes resulta complexa, e o prezo máis elevado.
Por esta razón, antes de iniciar a contratación decidimos facer unha consulta con todos vós, e comprobar si habería suficientes persoas interesadas para propoñela en firme.
Os datos APROXIMADOS serían os seguintes:
- Viaxe en grupo a París, 5 días / 4 noites
- Datas: entre xaneiro e febreiro de 2025
- Prezo estimado 1.350’00 € por persoa en habitación dobre
- Inclúe: traslados, pensión completa, guías acompañantes e visitas
- Participantes: veciños/as de Brión, maiores 55 anos (si quedaran prazas libres, a partir de 50 anos), que poderán ser acompañados polos seus cónxuxe ou parella convivinte. Si quedan prazas libres, poderán viaxar persoas non empadroadas coas mesmas idades.
- Grupo mínimo: 45 persoas
TODAS as persoas interesadas en participar, deberán facelo saber no teléfono 981 50 99 10, de 9:00 a 14:00 horas, ata o día 3 de maio de 2024.