O procedemento de "solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitarlles a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas con ela.
 

Persoas físicas que, atopándose legalmente en situación de mobilidade reducida/discapacidade, e estando empadroadas no municipio, desexen solicitar unha tarxeta de estacionamento e accesibilidade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
  • Solicitude de tarxetas de accesibilidade e estacionamento para persoas con mobilidade reducida.
  • Certificado de discapacidade. Certificado emitido polos equipos de valoración (EVO) da Xunta de Galicia, ou polos doutras comunidades autónomas, indicando o grao de discapacidade.
  • Permiso de condución (en caso de tarxeta de estacionamento). Copia do permiso de conducir da persoa discapacitada, ou da persoa ou persoas que vaian conducir habitualmente o vehículo se a persoa discapacitada non puidese.
  • Declaración xurada. No caso de que a persoa discapacitada non poida conducir o vehículo, incluír declaración xurada da persoa que conducirá habitualmente o dito vehículo.
  • Xustificante do pagamento do IVTM. Xustificante do pagamento do último recibo do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do vehículo que vai utilizar a persoa discapacitada, xa sexa como condutor ou como pasaxeiro.

Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
Unidade tramitadora: Servizos Sociais.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) y presencial.