TEATRO | DE VILATRISTE A VILALEGRE - CENTRO DRAMÁTICO GALEGO-TEATRO Ó CUBO
Brión acolle o espectáculo teatral "De Vilatriste a Vilalegre", coproducido polo Centro Dramático Galego e Teatro ó Cubo. Unha oportunidade única para ver un espectáculo en xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG.
Texto orixinal de Roi Vidal Ponte. Direccion: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño. Elenco: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño. Escenografía: Beatriz de Vega. Vestiario: Carmen Pichel. Música: Brais das Hortas
Teatro de monicreques | Para tódolos públicos | Duración aprox.: 60 min.
SINOPSE:
Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.
A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?
DATA DE CELEBRACIÓN: venres, 7 de xuño
HORA: 18:00 h.
LUGAR: Praza das Polbeiras (Xunto á Carballeira de Santa Minia). En caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao patio do CEIP de Perouzos (Brión).
Entrada de balde.