05-04-2024
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente de Brión

TEATRO | EL VACÍO FÉRTIL: DE TIBURONES Y OTRAS RÉMORAS

A compañía de teatro arxentina El Vacío Fértil presenta en Brión a obra "De tiburones y otras rémoras".
Un espectáculo teatral declarado de interese cultura polo Ministerio de Cultura de la Ciudad Autónoma de Buenos Aires.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión
DATA: Venres 5 de abril
HORA: 20:30 h.

Entrada de balde ata completar o aforo do local. Con reserva previa en: billeteira.concellodebrion.gal

SINOPSE:

Nun contexto social no que os despedimentos están á orde do día, e cun mar financeiro disposto a todo, unha empregada de banca é entrevistada polo seu superior para avaliar a súa capacidade e disposición para vender a clientes comúns un produto financeiro de dubidosa solidez e escasas garantías. Preocupada por manter a súa estabilidade económica, deberá por a proba os límites da súa moral.

Tomando como punto de partida a estafa das preferentes, a obra teatral liga con fraudes análogas, como “El Corralito” en Arxentina, a “Burbulla Hipotecaria” en Estados Unidos, os paraísos fiscais e fala, sobre todo, da promiscuidade entre os poderes, da conivencia corrupta entre gobernos e empresas, os axustes de soldo e dignidade, do acoso laboral, o menoscabo ás mulleres, e dos aprendices de monstros.

En resumo, a obra reflicte a degradación dos valores éticos e dos dereitos tan custosamente adquiridos, a prol dunha “suposta supervivencia” que nada ten que ver coa fame da xente, senón coa insaciable sede de cobiza dos poderosos.

Traxicomedia | Duración: 55 min. | Público adulto.

Autor: Sergio Villanueva
Dirección e posta en escena: Marina Wainer
Elenco: Romina Pinto e Iván Steinhardt
Deseño de escenografía, luces e vestiario: El Vacío Fértil Compañía Teatral

Fecha Fin
2024-04-05