02-04-2025
     
11:00 h. | 13:00 h.
Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 Brión (A Coruña)

TEATRO | "LÉMBRAME. SPOMINAJ NA MNJE"

O Concello de Brión acolle a representación de "Lémbrame. Spominaj na mnje", coprodución do Centro Dramático Galego e o Bautzen Theater de Alemaña.
A obra, que conta con Borja Insua no elenco, desenvolverase en dous idiomas: galego e sorobio, e foi creada ao abeiro do proxecto Phōnē, no marco do programa Europa Creativa.

Realizaranse dúas funcións para público escolar (alumnado de 5º e 6º de primaria) 

Lugar: Centro Social Polivalente
Data: mércores, 2 de abril
Horario das funcións: 11:00 h. e 13:00 h.

FICHA ARTÍSTICA:

DRAMATURXIA: Rafael Rey, Borja Insua, Alba Grande, Anne Jentsch e Karoline Wernicke | ELENCO: Andreas Larrasz, Borja Insua, Alba Grande | ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: Theatre Bautzen e Títeres Alakrán | ESPAZO SONORO: Alba Grande | DURACIÓN: 40 minutos | XÉNERO: Teatro de monicreques e de actor.

SINOPSE:

Lémbrame, Spominaj na mnje é unha homenaxe á memoria, á tradición e á raíz. Unha  lenda contem­poránea sobre a cultura sorobia e a galega. Os novos tempos traen cambios, nada fica como antes, tampouco para o vello muiñeiro e o seu muíño. O avance do tempo ameaza con desprazar e acabar co oficio que foi transmitido de xeración en xeración.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-04-02