V PREMIO "LAUDAMUCO" PARA TEXTOS TEATRAIS
Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega, contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura, o Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca, o V Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2023.
O premio estará composto por unha dotación económica de 7.000 euros mais a edición da obra gañadora. Ao mesmo poderán optar persoas de calquera nacionalidade que presenten, ata as 23:00 h. do día 3 de febreiro de 2023, obra dramática, escrita en lingua galega, inédita e nunca antes premiada.
A persoa gañadora do premio darase a coñecer na terceira semana do mes de abril de 2023 e a entrega do mesmo farase nun acto, organizado polo Concello de Brión, o 16 de maio de 2023, corenta e catro aniversario da posta en escena de Laudamuco, señor de ningures.