05-01-2025
     
10:15 h. - 20:15 h.
Concello de Brión

VISITA DAS SS.MM. OS REIS MAGOS [MODIFICADA POR MOR DA CLIMATOLOXÍA ADVERSA]

As SS.MM. os Reis Magos visitarán Brión o vindeiro domingo, 5 de xaneiro.

Por mor da meteoroloxía adversa, o itinerario polas parroquias de Brión das SS.MM. os Reis Magos sufrirá unha importante modificación.

As paradas previstas nos locais sociais ou teleclubs de Cornanda, Viceso, A Luaña e Ons manteranse sen cambios.

As visitas a Tembra (Boullón) e, pola tarde, a San Xulián e San Salvador de Bastavales, Campo de San Ramón (O Tremo), adro da igrexa de Os Ánxeles e Carballeira de Sta. Minia (Pedrouzos) cancélanse, trasladándose ao Centro Social Polivalente de Brión (Pedrouzos) a celebración da tan esperada recepción dos Magos de Oriente.

ITINERARIO DA COMITIVA REAL

10:15 h · LOCAL SOCIAL DE CORNANDA
10:45 h · LOCAL ESCOLA DA LUAÑA
11:30 h · TELECLUB DE VICESO
12:30 h · TELECLUB DE ONS
13:15 h · PARADA DO TRANSPORTE ESCOLAR DE TEMBRA [VISITA POLA TARDE AO CENTRO SOCIAL]
16:30 h · ADRO DA IGREXA DE BASTAVALES [VISITA POLA TARDE AO CENTRO SOCIAL]
17:30 h · LOCAL SOCIAL DE SAN SALVADOR [VISITA POLA TARDE AO CENTRO SOCIAL]
18:15 h · CAMPO DE SAN RAMÓN NO TREMO [VISITA POLA TARDE AO CENTRO SOCIAL]
19:15 h · ADRO DA IGREXA DOS ÁNXELES [VISITA POLA TARDE AO CENTRO SOCIAL]
20:15 h · CARBALLEIRA DE SANTA MINIA EN BRIÓN [VISITA POLA TARDE AO CENTRO SOCIAL]

Por favor, pregamos respectar os horarios previamente establecidos para a visita ás parroquias. Deste xeito, evitaremos aglomeracións e facilitaremos a visita das crianzas e as súas familias aos Reis Magos.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-01-05