XUNTANZA CLUBS DEPORTIVOS DE BRIÓN
Convócase a todas as persoas interesadas (directivas, socias, nais, pais, etc...) a unha XUNTANZA ABERTA para falar sobre os CLUBS DEPORTIVOS DO CONCELLO DE BRIÓN.
Xoves 2 de maio ás 19:00 h. Salón de Plenos do Concello
Por motivos de axenda do Deputado Provincial de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, vémonos de obriga de realizar un cambio de data para esta xuntanza.
Nova data: Luns 6 de maio ás 19:00h. Salón de Plenos do Concello
Obxectivo:
Conversar sobre a situación dos clubs.
Poñer en común puntos de vista e datos obxectivos do desenvolvemento das actividades muncipais.
Propoñer puntos de mellora.
Escoitar solicitudes e suxerencias.
Actualizar novidades sobre beneficios municipais para os clubs.
Coa presenza de:
Pablo Lago Sanmartín (Alcalde)
Carlos Noya Pereira (Concelleiro de Deportes)
José Manuel Trigo (Técnico de Deportes)
Antonio Leira Piñeiro (Deputado de Deportes)