30-06-2023
     
Do 30 de xuño ao 2 de xullo de 2023
Brión, Padrón e Rois

XVI ENCONTRO COA ARTE: LEMBRANDO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Regresan a Brión os Encontros coa Arte, unhas xornadas de convivencia e creación artística que reúnen no noso municipio artistas plásticos procedentes de distintos lugares de Galicia e do Estado. Ao longo de tres días, participarán en diferentes actividades de difusión das artes plásticas abertas a toda a cidadanía.

PROGRAMA:

Venres 30 de xuño

De 10:00 a 12:30 h.
Obradoiros simultáneos de pintura de acuarela a cargo de José A. Regidor, Frutos Casado de Lucas, José Galarzo e María Carmen Martínez, dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos na Carballeira de Santa Minia.

Ás 16:30 h.
Primeira Xornada de Pintura do natural no entorno da Carballeira de Santa Minia

Neste mesmo espazo ás 16:30 horas, dará comezo o V Concurso de Debuxo e Pintura rápida dirixido a rapazas e rapaces de 4 a 17 anos. Aqueles que non participen, poderán estar con algúns dos pintores participantes no Encontro.

Ás 21:00 h.
Na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura):
Inauguración da mostra das obras doadas no XV Encontro coa Arte “Lembrando a Laxeiro”
Entrega de premios do V Concurso de Debuxo e Pintura

Sábado 1 de xullo

De 10:00 a 14:00 h.
Xornada de Pintura do Natural na vila de Padrón (A Coruña)

De 16:30 a 19:30 h.
Continuación da Xornada de Pintura do Natural na parroquia de Seira (Rois)

Ás 21:00 h.
Proxección da película de animación Valentina (2021)
No Centro Social Polivalente. Entrada de balde ata completar a capacidade do local.

Domingo 2 de xullo

De 10:00 a 14:30 h.
Xornada de Pintura do Natural no paseo do Río Pego (Brión)

MERCADO DA ARTE DO ENCONTRO

Coincidindo co Encontro, habilitarase na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura) un espazo onde os artistas participantes nas xornadas expoñerán obra propia de cara á venda.

Horario do Mercado da Arte

Venres de 16:30 a 21:00 h.
Sábado de 9:30 a 14:00 hrs. e de 17:00 a 21:00 h.
Domingo de 9:30 a 13:30 h.

Fecha Fin
2023-07-02