XXIX FESTIVAL DE TÍTERES DE NADAL
Regresan os monicreques a Brión por Aninovo. O Concello de Brión organiza o tradicional Festival de Títeres, que se vai celebrar en xaneiro de 2025.
PROGRAMA
XOVES, 2 DE XANEIRO
"Vacacións no mar" de Mircromina Teatro
Dirixida a público familiar.
Sinopse
A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro "Ovos con patacas"... pero nun descoido o pirata Ollo Birollo toma prestada a nave e bótase ao mar. Tras 45 minutos de acción... cumprirá Marina o seu soño de dar a volta o planeta?
Un espectáculo de monicreques de luva, no que conxúgase notas o tradicional estilo da cachaporra, tan eficaz dramaticamente, con uns caracteres e acontecementos renovados para o público de hoxe en día. Desta forma, cun sinxelo e eficaz guión, uns personaxes de marcado carácter e un ritmo trepidante, Mircromina fai a súa contribución a renovación deste xénero dramático e o goce de tódolos públicos.
VENRES, 3 DE XANEIRO
"Inverno na lavandería" de Danthea Teatro e Patricia Cameán
Dirixida a público familiar e a nenos e nenas a partir de 3 anos, ata os 8.
Sinopse:
A historia transcorre na lavandería dunha cidade e trata de evocar de maneira poética, o inverno e as sensacións invernais. Todo pode pasar nunha lavandería, incluso botar unha prenda a lavar e que non apareza, incluso tecer contos que versen sobre a soidade das persoas maiores. A través do xogo, e inspirada na capacidade imaxinativa da infancia, propóñense escenas abertas á interpretación do público, algunhas abstractas, outras máis concretas. Convida ás crianzas a participar de maneira activa establecéndose un diálogo espontáneo desde o inicio da peza, improvisado e único en cada actuación. Isto responde ao obxectivo de que o teatro lles resulte un lugar cotiá e familiar co que poidan vencellarse. Combínanse técnicas mixtas de contacontos, títeres de man e manipulación de obxectos.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión
HORA: Tódalas funcións ás 17:30 h.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.