XXVIII Festival de Títeres de Brión
Por Aninovo, regresan os monicreques a Brión. Un ano máis, o Concello de Brión organiza o tradicional Festival de Títeres, que se vai celebrar en xaneiro de 2024.
PROGRAMA:
MARTES, 2 DE XANEIRO
TÍTERES CACHIRULO
"Xela contra o dragón"
Dende Galicia
Sinopse:
A súa protagonista, Xela, de 10 anos, ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do Dragón Traga-verbas, os ten agochados na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces.
MÉRCORES/QUARTA FEIRA, 3 DE XANEIRO
MARIONETAS RUI SOUSA
"Marionetas de circo"
Dende Portugal
Sinopse:
Rui Sousa presenta en Brión uns pándegos monicreques artesanais que irán executando os máis diversos roles circenses. François, o trapecista francés; a bailarina Silvia; o fakir devorador de sabres que vén da India; Igor, o contorsionista de Ucraína; o artista español Paquito e as súas acrobacias sobre un uniciclo; Don Malabarini, que fixo malabares con dúas bólas ante o abraio do público, etc.
XOVES, 4 DE XANEIRO
LUÍS VALLECILLO
“Selkie, a lenda do Mar do Norte"
Dende Galicia
Sinopse:
O noso amigo Luís Vallecillo presenta un espectáculo con títeres, música e a historia de como unha nai e un fillo coñeceron o auténtico “O Amor Incondicional”.
ESPECTÁCULOS PARA PÚBLICO FAMILIAR
Lugar de celebración: Centro Social Polivalente
Comezo das funcións: 17:30 h.
Tódolos espectáculos con acceso de balde ata completar a capacidade do local.