"Amada Rosalía", concerto de Xoán Eiriz
📌 Sábado 18 de xuño ás 21h. no Centro Social Polivalente de Brión // Entrada de Balde ata completar aforo.
"Amada Rosalía" é un disco gravado na honra de Rosalía de Castro e inspirado na obra do poeta contemporaneo de Lobios (Ourense) Suso Díaz. Este poemario consta de 85 poemas orixinais escritos en homenaxe a ela levado pola súa admiración e amor pola nosa cantora máis universal
A súa orixinalidade e por suposto o amor de Xoán Eiriz por Rosalía foi o que o levou a gravar este este novo disco na súa primeira parte, deixando aberta unha fiestra para máis adiante facer unha segunda parte dada a extensión do libro de Suso e a calidade e sobre todo orixinalidade das súas poesías que son cancións.
ℹ️ MAIS INFO: https://acortar.link/77MUd4
Documentos
CARTEL AMADA ROSALÍA DE XOAN EIRIZ.pdf
(2.74 MB)