O fallo do concurso, que se coñeceu o pasado xoves 31 de Xuño trala celebración da Gala Final no Centro Dramático Nacional no Teatro Valle Inclán de Madríd, recoñeceu aos rapaces e rapazas do IES que lograron este galardón coa súa obra, representada en lingua galega, "As do peixe".
Dende o grupo de Teatro das Maniotas amósanse moi ledos con este primeiro posto e indican que "sabiamos que se presentaban moitos grupos, conseguimos o primeiro premio e conseguímolo dentro dun ambiente moi san, onde todos os grupos nos apoiamos e aplaudimos e onde todos e todas somos gañadoras."
A estes recoñecidos premios Buero de Teatro Joven da Fundación Coca-Cola lévanse presentando preto de 100.000 persoas mozas ao longo dos seus 19 anos de vida.
En canto ao primeiro premio nacional na Categoría non escolar foi para a compañía madrileña moza Kwenderin Produccións pola súa obra "Tributo a Hamilton".