31-03-2023
     
20:00H.
Centro Social Polivalente

Presentación da Andaina Terras de Altamira coa actuación de OS TRISTES

INVITACIÓNS GRATUÍTAS previa reserva en billeteira.concellodebrion.gal

A proba vai ser presentada nunha gala que se celebrará o vindeiro venres día 31 de marzo as 20h. no Centro Social Polivalente do Concello de Brión. Este evento estará conducido por Diego Viaño, recoñecido meteorólogo da TVG, na que tamén estarán presentes Pablo Lago e Sandy Cebral, Alcalde e concelleira de deportes do Concello de Brión, membros da Asociación O Esquio no Piñeiro e diversas autoridades tanto da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia como da Federación Galega de Montañismo .

Na gala explicaranse os pormenores da proba, desvelarase o percorrido inédito para este ano 2023 e como fin de festa contaremos co espectáculo cómico-musical do dúo OS TRISTES composto por:

Federico Pérez: participou en series como Mareas Vivas, Padre Casares, Era Visto, Cuéntame cómo pasó, Vis a vis, La casa de Papel, Hit, Apagón e peliculas como Mar Adentro, El verano que vivimos, As bestas e O Corpo Aberto (con esta última conseguiu o premio Mestre Mateo como Mellor Actor de Reparto)

Marcos Pereiro: coñecido polo seu papel no dúo Mucha e Nucha xunto a Xosé Antonio Touriñan no Luar da TVG. Tamén participou noutras series como Air Galicia, Era Visto, A casa da Conexa e en películas como Viradeira e Hit.

OS TRISTES
Amenizan festas, e tamén fan bautizos, vodas e comuñóns… A base do seu espectáculo é a parodia das típicas sesións vermús galegas, unha mestura entre o humor dialogado e cantado… e sempre coa retranca como principal protagonista. Para animar calquera verbena ou sesión vermú con grandes éxitos de hoxe e de sempre.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-03-31
Documentos