SENDEIRISMO: RUTA DA MARIÑA LUCENSE
En setembro, regresan as rutas de sendeirismo do Concello de Brión. Para comezar, un interesante percorrido pedestre pola Ruta da Mariña Lucense, á beira da costa cantábrica galega, con inesquecibles paisaxes e pequenos tesouros naturais e patrimoniais.
Data de celebración: sábado 9 de setembro
Hora e lugar de saída: 8:00 h., dende a Carballeira de Santa Minia (Pedrouzos-Brión)
Dificultade da ruta: BAIXA
Información sobre inscrición:
Prezo da actividade: 8 € por participante
Inscrición ata as 14:00 h. do día 7 de setembro. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Brión
Para confirmar a inscrición é necesario entregar a folla de taxas municipais correctamente cuberta e asinada. Non se aceptarán pagamentos conxuntos.
Límite de prazas. Dispoñibles 100, por rigorosa orde de inscrición
Outra información de interese:
- Necesario levar xantar tipo pic-nic.
- Recomendamos roupa e calzado cómodos, axeitados para o tipo de actividade a realizar
- Máis información e inscrición: Casa da Cultura. Tfno. 981 50 99 08